publicidade hoxe

CxG-Compostela defende o comercio de proximidade ante a vindeira apertura de grandes superficies comerciais na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Ante a vindeira chegada de multinacionais alemanas e francesas de grandes superficies comerciais á capital galega Compromiso por Galicia-Compostela aposta pola defensa do comercio de proximidade e o emprego de calidade na cidade. “Ese tipo de compañías, que se coñecen como category killer no sector, destrúen máis emprego do que xeran”, asegura o candidato á Alcaldía, Xosé Antón López.

O apoio ao tecido comercial e empresarial no ámbito local, con obxetivo de fomentar o dinamismo económico a a creación de emprego de calidade no entorno máis próxima á cidadanía compostelá é un eixo vertebrador da política municipal de Compromiso.

Xosé Antón López, manifestou que a defensa da ubicación en Santiago en grandes superficies comerciais foi unha política común dos gobernos municipais que a comercio de proximidade creando ademáis un empleo precario. Segundo o candidato da organización galeguista e socialdemócrata a implantación destas áreas comerciais é como “meter o raposo no galiñeiro”.

19 de marzo de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.