Curso de xardinaría básica para desempregados en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Dentro do Plan Formativo Municipal posto en marcha polo goberno local no presente mandato, o Concello de Nigrán oferta 15 prazas para un curso de xardinaría básica de 100 horas de duración, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas empadroadas no municipio.

A formación teórica impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena, entre o 6 de abril e o 15 de maio, ambos os dous incluídos, en horario de 17.15 a 20.15 horas, mentres que o módulo de autoemprego terá lugar o 18 de maio de 9.00 a 14.00 horas. O calendario de prácticas determinarase ao longo do curso, e realizarase nas instalacións da empresa Casaplanta en Nigrán.

O prazo de inscrición deste curso gratuíto estará aberta do 12 ao 21 de marzo, no horario habitual de rexistro. As persoas interesadas deberán presentar copia do CV, do DNI, da tarxeta de demandante de emprego, xunto coa ficha de inscrición e a instancia, que estarán á súa disposición no Centro Antena, no Departamento de Emprego e no Rexistro e páxina Web municipal.

Para ampliar esta información pode contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572, co Departamento de Emprego no teléfono 986 365 000, extensión 1, ou formular as súas consultas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.

10 de marzo de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.