Curso de manipulación de alimentos para sensibilizar sobre os beneficios dunha dieta equilibrada
Dentro do programa de prevención activa para sensibilizar sobre os beneficios da dieta equilibrada na nosa saúde, así como a importancia do mantemento dun peso axeitado a través da corrección de erros na alimentación diaria, a Concellería de Saúde convoca un curso de manipulación de alimentos, dirixido a toda a cidadanía.
O curso desenvolverase o próximo 16 de abril no Centro de Promoción da Saúde, en Vasco da Ponte número 1, nas Lagoas, en horario de mañá -de 9:30 a 13:30 h-. A inscrición xa está aberta para todas as persoas interesadas, que poden formalizala na Concellería de Saúde, na rúa Concordia, 20, entrechán, ou por teléfono no 988510622. As persoas que asistan -ata un límite de 35 prazas-, recibirán un certificado acreditativo da formación, expedido polo Concello de Ourense.
Unha das maiores ameazas para a nosa saúde
Nos últimos tempos, a obesidade se está a converter nunha das maiores ameazas para a nosa saúde. Trátase dunha pandemia caracterizada polo exceso do peso corporal da que non escapa a nosa comunidade, cunha das taxas máis altas de persoas con obesidade (un 23%) e sobrepeso (42%). A prevención da obesidade debe ser, así logo, unha prioridade.