Corte de tráfico na rúa Gran Vía o venres 6 de marzo por repintado da sinalización horizontal
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Seguridade e Tráfico que dirixe Xosé Regueira, informa de que o venres 6 de marzo está previsto un corte de tráfico na rúa Gran Vía da capital municipal por mor dos labores de repintado da sinalización horizontal da vía. O horario do corte da circulación de vehículos está previsto entre as 10.00 e as 13.00 horas pola mañá; e entre as 15.00 e as 18.00 horas pola tarde. Os desvíos de tráfico, que estarán debidamente sinalizados pola Policía Local, realizaranse polas rúas Sol, Martín Herrera e Gravador Manuel Facal. O Concello pide desculpas de antemán á veciñanza polas posibles molestias ocasionadas.











