publicidade hoxe

Corte de tráfico na avenida de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de tráfico informa que a partir do xoves día 12 de marzo e durante tres días, o tramo da avenida de Galicia comprendido entre a rúa Ourense e o Cardeal rexistrará o corte alternativo dun carril de circulación de vehículos.

Segundo comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recibida hoxe no Concello, a Xunta de Galicia vai proceder á rexeneración integral da capa de rodaxe deste tramo de rúa. Segundo informan, as obras comezarán o xoves día 12 e prolongaranse durante un máximo de tres días.

Os traballos realizaranse en xornada diúrna, polo que resulta preciso efectuar o corte alternativo dun carril, dando circulación polo outro. Fóra da xornada laboral quedarán abertos ambos sentidos de circulación, con sinalización provisional ata a finalización completa dos traballos

Dende a concellería de tráfico pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse e recoméndase a utilización de itinerarios alternativos polas rúa Roberto Baamonde, a Rolda Urbana ou Piñeira, en previsión de considerables retencións de tráfico no centro da cidade.

10 de marzo de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.