Corte da rúa Padre Gaite
Traballos de poda dos plátanos situados na rúa Padre Gaite obrigarán ao peche da rúa entre a Ponte dos Tirantes e Cruz Vermella (de acceso á praza de Barcelos e San Antoniño) este mércores, 1 de abril entre as 11 e as 12 da mañá. A partir das 12 horas está previsto que os traballos xa non invadan a rúa e se habilite un carril de circulación. Por estes traballos tamén se prohibirá o estacionamento no lateral esquerdo da rúa durante toda a mañá.











