publicidade hoxe

Corsario, Vagalume, Squid e Sebrala 2 gañaron as clases 1 a 4 na Interclubs da Ría de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Sensacional xornada de regatas este pasado sábado na consecución da cuarta Etapa da Regata Interclubs da Ría de Pontevedra – Gran Premio Deputación Pontevedra que nesta ocasión tiña como porto base a Escola Naval en Marín.

Comezou cunha ofrenda floral da frota participante e organizadores da regata en homenaxe póstuma a Don Rafael Olmedo Limeses recentemente falecido e que foi un dos grandes impulsores deste deporte en Galicia, nacido ademais na ría de Pontevedra.

E a continuación, saída puntual e espectacular ás 14:35 horas, practicamente pegada aos peiraos da Escola Naval o cal propiciou moito público véndoa nunha inmellorable tarde de sol e vento (que sempre estivo entre os 9 e 11 nós do Sueste malia que as previsións non auguraban isto) ideal para navegar. Etapa moi igualada e novamente percorridos distintos segundo as prestacións dos participantes en cada categoría. Os punteiros, Clases 1, 2 e 4, fixeron un percorrido de 11,5 millas, mentres que os Clases 3 facían 7 millas e os veteranos e mini 23 facían 5 millas. Todos pola zona de Morrazán no centro das Ría, Pelados fronte a Aguete e Tambo.

Saída de etapa en cinguida moi repartida, sendo os mellores LOANCA, VAGALUME e GRIFO pola zona do Comité, PEROMATO polo centro e CORSARIO e YOUKOUNKOUN pola boia. Etapa moi táctica e técnica con grandes alternativas e cambios de posicións en cada tramo.

Finalmente en Clase 1 gañou o CORSARIO VI, seguido a 40 segundos do SAGARV e logo xa a máis de 4 minutos o AGUIEIRA, YOUKOUNKOUN, LIMAY, ZIRALLA e ALDÁN. Na clase 2, magnífico o VAGALUME que gañou con 3 minutos de vantaxe sobre o SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS que tamén fixo unha etapa espectacular. Tras eles, CHISPA NEJRA, BILLA, ENXUTO, PIKO NORTE, CHISPE, ARGALLEIRO… En Clase 3 gañoulle esta vez a partida o SQUID ao ata agora intocable MIRAVER, seguidos á súa vez do FILISPIN, CAMARÓN 20, ASINE, PENIZAS, CONSTANTE… a Clase 4 novamente para o SEBRALA seguido do QUEN VAI e o PEROMATO. E por último, en veteranos gañou o CORVO MARIÑO, seguido de CASSANDRA, JARAVINO e ARRAIÁN, e nos Mini 23 o TROSCADO, seguido do SANUK e QUESITO.

Computadas as catro primeiras Etapas deste Gran Premio Deputación de Pontevedra, a clasificación xeral vai do seguinte xeito:

Clase 1 ASELP CONSULTORES

1º) CORSARIO VI (First 45s5 – José Durán – C.M. Vilagarcía), con 5 puntos

2º) SAGAR V (Ro 340 – Rolando Andrade – RoYachts Club) con 9 puntos

3º) YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – C.N. Portonovo) con 13 puntos

4º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete) 13 puntos

Clase 2 EOLO ACCASTILLAGE & DIFFUSION

1º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – RoYachts Club) con 8 puntos

2º) CHISPA NEJRA (Ro 300 – José Rey – CN Beluso) con 12 puntos

3º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Fortuna 9 – Iñaki Carbajo- CN Beluso) 13 puntos

4º) GRIFO (First 27.7 – Francisco Freire – RCM Aguete) con 16 puntos

Clase 3 FROIZ

1º) MIRAVER (Dufour 32 – Pablo Parrado – C.N. Portonovo) 6 puntos

2º) SQUID (First 235 – Jacobo Lusquiños – Independiente) 8 puntos

3º) CAMARÓN 20 (Yatlant 24 – Javier Pérez – RoYachts Club) 18 puntos

4º) O FILISPIN (Furia 310 – Antonio Novo – RoYachs Club)

Clase 4 LANDIN INFORMÁTICA

1º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo) con 4 puntos

2º) PEROMATO (Ro 400 – Rafa Martínez Almeida – RoYachats Club) con 9 puntos

3º) QUEN VAI (Ro 330 – Laureano Santiago – RCN Sanxenxo) con 14 puntos

Clase Veteráns/Clásicos

1º) CORMORÁN (Sirocco MK3 – Fernando González – RoYachts Club) con 10 puntos

2º) CASSANDRA (Hillyard half ton – Fernando Pazó – CN Portonovo) con 12 puntos

3º) ARRAYÁN PRIMERO (Arpege – Lucas Martínez – RoYachts Club) con 15 puntos

Clase Mini 23

1º) SANUK (B2 Marine – Mariano Dios – RoYachts Club) con 7 puntos

2º) TROSCADO (First 211 – Natalia Velázquez – RCM Aguete) 8 puntos

3º) QUESITO (First 21.7 – Fernando Torre – Royachts Club) 17 puntos

Con isto, éntrase xa na recta final da regata, sendo a próxima etapa o 11 de Abril e que terá como base o Real Club Náutico de Sanxenxo.

9 de marzo de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.