publicidade hoxe

Cores Tourís comproba as obras de mellora do firme da rúa Jaime Janer en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarínPontevedra
A-
A+
Cores Tourís en Marín

Cores Tourís en Marín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta tarde a posta en marcha das obras de mellora da PO-313 ao seu paso por Marín na rúa Jaime Janer nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a investir cerca de 40.000 euros.

Cores Tourís estivo acompañado nesta visita pola alcaldesa da localidade, María Ramallo, así como polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, e o xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez.

A actuación efectúase entre os quilómetros 0 e 1,3, é dicir, dende o comezo da estrada ata a súa intersección coa estrada que vai a Figueirido e o vial Mestre Landín.

Os traballos están a consistir nun reforzo de firme localizado, con fresado de capa de rodadura naqueles lugares nos que o firme actual sufre deformación e agretamento, repóndose o mesmo mediante a extensión de mestura bituminosa en quente tipo S-20, completándose esta actuación coa reposición da sinalización horizontal en todo o tramo.

A superficie a tratar será de 4.000 metros cadrados aproximadamente.

“Trátase dunha reforma moi necesaria, xa que estamos a faltar dunha rúa moi transitada, tanto por vehículos como por peóns, e que necesita unha evidente mellora”, explicou Cores Tourís, quen destacou que, deste xeito, “dáse cumprimento a unha das demandas máis reiteradas por parte da alcaldesa da localidade, María Ramallo”. Segundo apuntou o delegado territorial, esta obra é continuación da xa realizada con antelación que permitiu asfaltar a PO-313 dende a rotonda ata a variante.

16 de marzo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.