Coosur Campus de Ourense dá a sorpresa e gaña aos Ingleses nas semifinais da liga
Os Ourensáns foron xustos vencedores do partido disputado en Vilagarcia a mañá do domingo. Os Ingleses comezou dominando o encontro e desaproveito varias ocasións de inagurar o marcador. Non obstante os Ourensáns aproveitaron a súa primeira ocasión para mediante o Neocelandes Andy conseguir o primeiro ensaio no minuto 14. (0-7) Case sen dixerilo e despois de varios erros imperdonabes da floxa defensa arosana Abraham aumentaba a renda no marcador minuto 19 (0-14)
Chegaría a reacción dos Ingleses que por medio de Pintos comezou a aprobechar os tiros a paus apara achegarse no marcador e tras transformar 4 consecutivos deixaba no minuto 30 o (12-14)
Pelos con outro golpe estiraria a renda no 35 (12-17) e na última xogada do primeiro tempo chegaría a xogada que marcaria o devir do partido. Andy volvia a pousar o balón no ensaio arosano que deixaba seriamente tocado o 15 de Losada. Minuto 40 (12-24)
En reanuación Os Ingleses mellorou algo o seu xogo pero Ourense non cedeu cunha defensa heroica mesmo con 13 xogadores por senllas expulsións, só Pintos con outro golpe de Castigo maquillaria o marcador. (15-24) RESULTADO FINAL
Ourense xusto finalista que se enfrontará a próxima semana ante o Muralla de Lugo que á súa vez deu a sorpresa ao derrotar a domicilio ao primeiro clasificado da liga regular Ferrol.
Pola súa banda o sábado os sub 18 caian en caso contra o PRC por 12 a 55 e os sub 16 vencian a domicilio tamén ao PRC por 5 a 77.











