Concurso de tarxetas do día da muller en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

Neste concurso poderán participar tod@s l@s alumnos matriculados no C.E.I.P de Pas de Rei, Antas de Ulla, Guntín e Portomarín. Haberá catro categorías, por un lado, alumnos de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos), por outro, alumnos de 1º, 2º de Primaria (6 e 7 anos), por outro, alumnos de 3º e 4º de primaria ( 7 e 8 anos), e por outro, alumnos de 5º e 6º de primaria (9 e 10 anos). A técnica a utilizar é libre.

Admitirase un traballo por cada participante. As dimensións e o formato dos traballos presentados axustarase á metade dun folio (pódese utilizar o tamaño dun folio pero dobrado á metade). Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.

O tema da tarxeta será a muller e o seu traballo na actualidade. Poderán conter citas ou frases que fagan alusión ao tema escollido. Valorarase especialmente a orixinalidade e creatividade, tanto na técnica empregada coma na elección do motivo e do texto. As obras deberán levar o nome, curso e grupo do autor no reverso do soporte que se utilizase na tarxeta.

O prazo de admisión dos traballos será ata as 13 horas do 6 de marzo de 2015 entregándoas en man a calquera dos profesores ou titor/a dos cursos de primaria indicados. Estableceranse catro premios, un para cada categoría consistente en material escolar polo valor de 30 €. O xurado poderá declarar deserto o premio se, ao seu xuízo, ningún dos traballos presentados tivese a calidade necesaria.

Os premios daranse a coñecer por medio dunha exposición que se realizará en C.E.I.P. de Pas de Rei, e publicaranse na páxina web do Concello de Palas de Rei. O traballo gañador quedará en propiedade do Centro de Información á Muller de Pas de Rei, que poderá imprimilo ou reproducilo en cantas ocasións considere oportuno, e as obras non premiadas poderán ser recollidas polos seus autores durante o mes seguinte. A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases, cuxa interpretación corresponde ao xurado.

2 de marzo de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.