Complétanse os traballos de mellora das zonas de xogo infantís nas prazas do Inferniño, da Ilustración e de Rosalía de Castro
O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, Borja Carro Muñoz, visitou esta mañá o resultado das actuacións realizadas no contorno da praza do Inferniño acompañado do presidente da asociación veciñal do Ensanche A, Rafael Leira. Durante a visita, comprobaron os traballos de mellora e ampliación con novos elementos de xogo deste espazo infantil, ao tempo que o concelleiro ferrolán anunciou unha nova actuación para seguir ampliando esta zona de xogos. Outra das melloras acometidas no contorno do Inferniños e que supervisaron esta mañá foi a iluminación da pista polideportiva.
Carro Muñoz lembrou que a ampliación do parque infantil do Inferniño enmárcase nas melloras feitas noutras zonas de xogo ao aire libre da cidade, do que tamén se beneficiaron os parques infantís das prazas da Ilustración e de Rosalía de Castro. Estas intervencións responden a demandas veciñais recollidas no Plan de Barrios.
Prazas de Cuba e Ultramar
En canto á mellora de espazos públicos, o edil Borja Carro anunciou que xa se iniciaron os traballos na praza de Cuba, situada en Ultramar. Esta intervención consiste na eliminación da pérgola deteriorada e a colocacioin de novo mobiliario urbano (xardineiras e bancos) para diferenciar a zona de tránsito do parque infantil. Así mesmo, se habilitará un segundo espazo de xogos que completará ao existente e que permitirá que a zona de ocio do parque infantil da praza de Cuba se convirta nun espazo de referencia en Ultramar.
Ademais, o responsable municipal de Servizos e Medio Ambiente avanzou que na praza de Ultramar, na que xa se acometeron traballos de mellora do contorno coa colocación de bancos clásicos con respaldo e o pintado das farolas, procederase agora ao acondicionamento das zonas axardiñadas da praza. Ao respecto, o concelleiro de Servizos e Medio Ambiente avanzou que se dotará ás xardineiras de prantación de arboristería.
En total, estas dúas actuacións de mellora nas prazas de Cuba e Ultramar ascenden a 25.000 euros e o obxectivo é “ir mellorando espazos urbanos para que sexan máis agradables como punto de encontro veciñal”, apuntou Borja Carro.











