publicidade hoxe

Comezan as obras de construción do Centro de Saúde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Visita aos terreos

Visita aos terreos

No día de hoxe tivo lugar a Acta de Replanteo e visita polos terreos da parcela da Rúa das Ánimas onde se construirá o novo Centro de Saúde de Gondomar.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; o director de Procesos sen Ingresos e Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, D. Francisco J. Caramés ; a xefa territorial de Sanidade, Dª. Ángeles Feijoo-Montenegro e xefa de servizo da S.X. de Investimentos, Dª. Amparo Montenegro. Ao acto taménasistironrepresentantes da empresa adxudicataria CORSAN- CORVIÁN.

Este novo centro da rede sanitaria pública galega,teráunhasuperficie total superior a 1.600 metros cadrados, atenderá unhapoboacióndunhas 10.400 persoas e contará cunhaárea de medicina xeral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos deapoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

O Centro de Saúde é cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 2.373.546,82 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

Fernando Guitián alcalde de Gondomar manifestou“sentirse moisatisfeito por poder cumprir un compromiso con unha das demandas máis solicitada, ofrecendo este novo centro de saúde, moi necesario para os veciños de Gondomar,”.

Este novo centro da rede sanitaria pública galega suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñandunhainfraestrutura moderna e adaptada ássúas necesidades, dando unhamellorrespostaás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciñosdeste municipio.

10 de marzo de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.