publicidade hoxe

Comeza en Ponte Caldelas un ciclo de conferencias sobre a arte rupestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O doutor en Historia e veciño de Parada, Buenaventura Aparicio Casado, iniciou un novo ciclo de conferencias divulgativas sobre a arte rupestre, organizadas polo Grupo A Laxe da Irena en colaboración co Concello de Ponte Caldelas. A primeira das charlas, baixo o título “A Pedra do Cervo. Historia dunha recuperación”,foi impartida no CEIP A Reigosa e a ela asistiron alumnos deste centro educativos.

Buenaventura Aparicio Casado pasou revista,durante a súa conferencia, aos gravados rupestres existentes no municipio, con especial incidencia na Pedra do Cervo situada no monte de Cuñas, obxecto dunha recente investigación etnoarqueolóxica pioneira no panorama da arte rupestre galego.

Estas charlas, promovidas polo Grupo A Laxe da Irena en colaboración co Concello de Ponte Caldelas, pretenden achegar aos escolares o coñecemento da arte rupestre e inculcar nos escolares a idea de preservar o legado dos nosos devanceiros.

Tamén servirán estas charlas para reflexionar sobre a importancia da conservación, estudo e divulgación dos petróglifos, así como a súa importante faceta como reclamo turístico e polo de dinamización económica para as poboacións que contan con estas obras de arte en pedra nos seus territorios como é o caso de Ponte Caldelas.

A conferencia que impartirá Buenaventura Aparicio Casado no CEIP Cordo Boullosa versará sobre o mesmo tema aínda que baixo o título “Pon un petrogligo na túa vida” e terá lugar o vindeiro martes 21 de abril no mencionado centro educativo da vila de Ponte Caldelas.

26 de marzo de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.