Ciclo de concertos das catro rondallas de Ferrol polas entidades veciñais do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, deu conta esta mañá na comisión informativa da Área do ciclo de concertos que realizarán as catro rondallas ferroláns por diferentes asociacións de veciños do municipio. Así, e segundo explicou o edil de Cultura, dende o vindeiro venres 20 de marzo e até o 12 de abril, as rondallas do Club de Campo, Sonidos del Alba, Añoranzas e Bohemios percorrerán durante as fines de semanas os locais de catorce entidades veciñais da zona urbana e rural do municipio ferrolán.

Máis concretamente, as asociacións de veciños nas que actuarán en parellas serán: Valón, Mandiá, Cabana, Serantes, Covas, Vilasanche, Pazos, Caranza, Ensanche A, San Xoán, San Pablo de Catabois, San Xurxo, Santa Icía e Esteiro. Este ciclo de concertos das rondallas ferroláns demandado pola cidadanía permitirá ampliar as actividades das agrupacións durante estas datas.

 

13 de marzo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.