Charla formativa ‘Secuencias de ataque colectivo en iniciación’ en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Este mércores 01 de abril, o Club Xuventude Verín coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Verín promove a charla formativa ‘Secuencias de ataque colectivo en iniciación’

Unha nova cita coa formación que terá lugar con complexo deportivo de A Granxa, de 18 a 21 horas, e na que Carlos Maceiras realizará unha interesante intervención co eixo temático das secuencias de ataque colectivo.

Este adestrador superior, habitual colaborador deportivo da Federación Galega de Baloncesto en iniciativas e actividades deste tipo, compartirá con todos/as os/as asistentes a súa notable e traballada experiencia nesta área. Esta actividade está dentro do proxecto que durante os vindeiros meses vai a realizar o Club Xuventude Verín coa intención de achegar máis o mundo do baloncesto a nosa localidade.

30 de marzo de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.