Charla-coloquio sobre “fiscalidade no medio rural galego” en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O encontro, enfocado preferentemente a gandeiros, cooperativas e asesorías agrarias, é aberto ao público e desenvolverase na Sala de Prensa do Concello a partir das 13 horas Intervirán o director da Axencia Tributaria de Galicia e o director xeral de Desenvolvemento Rural que manterán un coloquio aberto cos asistentes

Orientada preferentemente a gandeiros, cooperativas e asesorías agrarias, se ben ten un carácter aberto ao público, o xoves 12 de marzo, desenvolverase, organizada polo Concello de Lalín en colaboración coa Xunta, unha charla-coloquio sobre “Fiscalidade no medio rural galego” na que se informará e explicarán aos asistentes as posibles exencións e descontos fiscais contemplados nas distintas normativas vixentes a fin de que poidan beneficiarse delas.

O dito encontro terá lugar na Sala de Prensa do Concello ás 13 horas e nel intervirán o director da Axencia Tributaria de Galicia, Ulpiano Villanueva Rodríguez, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias.

Tras as súas intervencións conxuntas nas que explicarán as medidas de bonificacións fiscais existentes para o sector agrario -tanto no que se refire ás exencións do imposto de transmisións patrimoniais no caso das permutas agrarias ou ás bonificacións no caso do imposto de sucesións e doazóns, por poñer dous exemplos-, haberá un coloquio aberto entre os participantes, co que se dará remate á xornada.

2 de marzo de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.