CC.OO. respecta e apoia a decisión individual dos traballadores de Povisa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Europa Press

A sección sindical de CC.OO. no Hospital Povisa de Vigo trasladou o seu respecto e apoio á decisión “individual” dos tres traballadores que este martes iniciaron unha folga de fame contra o despedimento de 13 compañeiros e xustificou que non manifestou a súa “posición” ata o momento por que esta medida “non se acordou no comité de empresa”.

Nun comunicado de prensa, o sindicato respondeu así ás declaracións que este luns fixeran membros do comité nunha rolda de prensa, na que indicaron que CC.OO. permanecía “á marxe” de todas as medidas, o que, dixeron, les “chama poderosamente a atención”.

O sindicato asegurou que defende os postos de traballo e un convenio colectivo “que respecte o salario, o emprego e os dereitos dos traballadores de Povisa”, e, de feito, recordou que defendeu “mesmo nos tribunais” a validez do convenio colectivo que a dirección da empresa pretendía anular e que tamén se opuxo a “outro tipo de recortes”.

Ademais, aínda que se mostrou a favor da “unidade de todos”, tanto traballadores como sindicatos, dixo que sempre debe ser “dende o respecto á democracia” e “nunca dende a imposición”.

Así, rexeitou “a toma de decisións dende o ninguneo a algunha das centrais sindicais e á maioría dos traballadores”, acerca do que engadiu que non vai “calar ante as continuas exclusións de CC.OO. na toma de decisións”.

10 de marzo de 2015 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.