Carmen París actúa no Auditorio de Lugo dentro do Festival Donas do Mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, lembra que esta fin de semana terá lugar o segundo dos concertos programados dentro da primeira edición do Festival Donas do Mundo organizado polo Concello de Lugo como recoñecemento as artistas musicais femininas que triunfan en diferentes xéneros.

O primeiro concerto celebrouse o domingo 8 de marzo coa actuación da portuguesa Marta Ren ás 19 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e será con entrada de balde. Esta artista é unha das protagonistas no mundo musical portugués dende a década dos 90 que versiona clásicos do soul e do funk acompañada por unha banda de oito músicos de rhythm and blues.

Logo da actuación de Marta Ren que abriu este ciclo, tócalle turno agora a A aragonesa Carmen París que actuará este sábado, día 21 de marzo, ás 20.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire.

As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense comprar a través de entradaslugo.es, tamén na Oficina de turismo e no propio Auditorio o venres de 18 a 21 horas e o propio dia do concerto.

Carmen París irrumpiu no panorama musical no ano 2002 co seu primeiro album do que vendeu máis de 40.000 copias e levou varios premios de música ao mellor album de música tradicional.

No concerto deste sábado, a cantante vai presentar en Lugo o seu cuarto disco Ejazz con Jota no que por primeira vez a jota sona acompañada po unha Jazz Orchestra.

O Festival Donas do Mundo inclúe tamén a actuación de Aurora & The Betrayers o venres 10 de abril ás 21 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada terá un prezo de 3 euros. Este grupo que se une no 2014 e presenta o seu primeiro traballo Shadowa go Away conseguiron sorprender a crítica e público cun traballo no uqe se reflicte a maxia da personalidade propia con influencias do rock máis clásico, ao pop ou folk norteamericano. Esta banda está catalogada como a proposta máis xenuina do panorama musica nacional e está avalado polo premio Pop-Eye 2014 na categoría de Mellor Banda de Música Negra.

18 de marzo de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.