publicidade hoxe

Cancélase a campaña de colaboración entre a asociación Cambados Zona Centro e Aquafit

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

No desenrolo das diferentes campañas e actividades levadas a cabo por esta asociación, procuramos evitar causar calquera tipo de prexuízo ós diferentes establecementos comercias cambadeses, e en especial a aqueles que están asociados a Cambados Zona Centro.

Por elo ante a posibilidade de causar prexuízos a entidades do noso concello, a Directiva da asociación vese na obriga de cancelar a campaña de colaboración presentada o venres dia 6 de marzo coa entidade Aquafit, empresa concesionaria da Piscina Municipal.

Queremos agradecer a boa disposición da empresa Aquafit a colaborar coa asociación e agardamos que no futuro se poidan levar a cabo outras campañas de colaboración, así como agradecer ó mesmo tempo a súa comprensión pola decisión tomada.

Queremos, para finalizar, pedirlle desculpas aos nosos clientes polas posibles molestias que puidera ocasionarlles a suspensión desta campaña de colaboración.

11 de marzo de 2015 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.