publicidade hoxe

Cambre recibe a 14 docentes europeos no proxecto educativo coordinado polo IES David Buján

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre recibiu esta mañá a unha decena de profesores de diferentes nacionalidades europeas dentro dun proxecto docente coordinado polo IES David Buján.  Pasarán toda a semana en Cambre acompañados pola dirección e os coordinadores do proxecto “Our Landscape, our home, our school”. Os catorce profesores, chegados de Lituania, República Checa, Polonia e Turquía, prepararán xunto aos mestres cambreses os modelos de novas actividades, metodoloxía e ferramentas para potenciar o respecto pola natureza e a historia entre os nosos alumnos. Foron recibidos pola edil de Educación, María Jesús González Roel, e posteriormente visitaron o museo arqueolóxico e a igrexa de Santa María de Cambre, no centro urbano do municipio.

Doutra banda, unha comitiva do mesmo instituto de ensino secundario viaxou onte rumbo a Barcelona para participar na Exporecerca (Congreso internacional para mozos investigadores http://magmarecerca.org/es/exporecerca-2/inscripcio/), onde presentarán o traballo seleccionado “Comer chicle á vez que facemos un exame mellora os resultados?”. A XVII edición de Exporecerca Jove que se celebrará en Barcelona entre o 26 e 28 de marzo acollerá aos alumnos Uxía García, Marta Paz e Noa Viñas do IES David Buján.

26 de marzo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.