Cambre participa no concurso do día do libro infantil e xuvenil “Nós lemos, e ti?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.

PARA PARTICIPAR:

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través das Bibliotecas Municipais de Cambre.
 
Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar na foto.
 
Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
 
Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome da biblioteca a través da que participa.
 
Remitiranse, do 12 ao 27 de marzo de 2015, por correo electrónico á Biblioteca Municipal de Cambre que desexe, escribindo no asunto do correo “Nós lemos, e ti?”.

Biblioteca Central de Cambre: bibliotecacambre@cambre.org  

Biblioteca M Os Templarios: bibliotecaostemplarios@cambre.org

Biblioteca M Xabier P. Docampo: bibliotecaxabierdc@cambre.org

Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:

– Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)

– Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)

– Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a biblioteca que presente os traballos.

– O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións de OEPLI.

– O fallo do Premio terá lugar no mes de xuño e a entrega dos premios será nas sedes de cada unha das seccións da OEPLI.

– Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez rematado o concurso. A OEPLI poderá empregar as selfies gañadoras en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que este feito dea dereito a retribución algunha para os concursantes. Será imprescindible enviar a correspondente autorización dos pais/titores para a súa reprodución e difusión na páxina web e facebook da Organización.

– A simple presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.

12 de marzo de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.