publicidade hoxe

Cambados Zona Centro presenta unha campaña de colaboración coa piscina municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da campaña

Presentación da campaña

A asociación Cambados Zona Centro realizou a presentación dunha campaña de colaboración posta en marcha coa Piscina Municipal. O acto estivo presidido polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, e contou coa presenza do Teniente Alcalde do Concello de Cambados don Antonio Pombo, e do Director da entidade La Caixa en Cambados, don Jose Malvido Fariña.

A Campaña consiste, no reparto durante o mes de marzo, entre quenes realicen as suas compras no comercio asociado, de entradas para a piscina municipal.

A Empresa xestionaria da piscina aportará 5 euros a un bote por cada entrada que se use, de feito que garante ó menos un bote mínimo de 500 euros, que se sorteará en forma de vales compra o vindeiro 17 de maio.

Ademáis os novos abonados recibirán un vale compra por importe de 30 euros para mecar nos establecementos asociados.

 

6 de marzo de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.