publicidade hoxe

Caldas de Reis liquida o exercicio 2014 con superávit presupuestario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

A boa xestión municipal permitiulle ao Concello de Caldas de Reis liquidar o exercicio 2014 con superávit presupuestario e cun remanente de tesourería positivo, grazas ao cal será posible financiar 10 novos investimentos que terán por obxecto mellorar as infraestruturas viarias, a rede de saneamento, o alumado público, ou a creación de parques infantís, etc.

A selección dos proxectos que se executarán ao longo deste ano realizouse tendo en conta as necesidades do Concello e as peticións veciñais.

A Comisión de Facenda do Concello tratou o venres pasado o expediente de modificación presupuestaría de liquidación do Orzamento Municipal do 2014 co fin de destinar o importe do superávit do exercicio anterior á realización de investimentos financeiramente sostibles.

Recoñecemento legal á boa xestión

A Lei Orgánica de Estabilidade Presupuestaria e a Lei de Facendas Locais, permiten, que en 2015, aquelas entidades locais que liquiden o orzamento de 2014 con superávit e remanente de tesourería positivo poidan destinar estes importes á realización dun tipo específico de investimentos.

Ademais, han de cumprir unha serie de requisitos adicionais: non superar os límites legais de endebedamento, pagar en prazo aos seus provedores (o prazo medio de pago en Caldas de Reis é de 46 días, moi inferior ao previsto na normativa), atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Dado que o concello de Caldas de Reis cumpre todos os condicionantes legais, dos algo máis de 800.000 euros obtidos na liquidación de 2014 como remanente de tesourería, o equipo de goberno decidiu destinar 442.220 euros a financiar novos investimentos; o resto, utilizarase para amortizar débeda.

Novas melloras nas parroquias

Unhas das prioridades na elección dos proxectos foi a continuación da rede de saneamento, en concreto en Saiar coa creación dun bombeo e impulsión de residuais (131.929 euros), instalación de saneamento en Nodar (San Andrés) (51.952 euros); mellora das infraestruturas viarias, polo que se acometerán diversas obras de asfaltado en Santa Catalina, Bacelo (Godos) e Paradivas (49.874 euros); execución de muros de contención para acondicionamento dun praza en Arosa (Arcos) (20.938 euros).

Está previsto ademais levar a cabo tamén actuacións de mellora do alumado público en Follente e Outeiro (Bemil) (59.934 euros); e, para rematar, diversas melloras na captación da auga termal.

Grazas á boa xestión e ao rigor do equipo de goberno obtivéronse uns excelentes resultados económicos no 2014, polo cal o Concello de Caldas de Reis pode financiar novos investimentos os cales se sumarán ós previstos inicialmente nos próximos presupostos e que contribuirán a dinamizar a economía local e polo tanto o emprego.

6 de marzo de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.