Caballero decretará tres días de loito oficial polo accidente nos Alpes
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que decretará tres días de loito oficial e que as bandeiras ondearán a media hasta nos edificios municipais da cidade, como sinal de duelo polo falecemento de 150 persoas no accidente do voo de Germanwings.
Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico trasladou o “sentimento e pésame” da cidade polos 150 falecidos “no terrible accidente” ocorrido este martes nos Alpes franceses.
Caballero mostrou o “afecto e agarimo” de Vigo “aos familiares dos viaxeiros e tripulantes dese voo, calquera que fose a súa nacionalidade”, e “que acabou dramaticamente nun terrible accidente”.











