Bravo Bosch mantén un encontro co embaixador de ecuador en España

Bravo Bosh co embaixador de Ecuador
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recibiu esta tarde a visita institucional do Embaixador de Ecuador en España, Miguel Calahorrano Camino, de visita na cidade de Vigo onde mantivo unha intensa axenda de reunións e compromisos protocolarios e empresariais.
O embaixador de Ecuador en España visitou a cidade xunto ao ministro da Embaixada de Ecuador en España, Juan Carlos Apunte Franco, e o xefe da oficina de Proecuador en Madrid, José Luis Cabascango.
No encontro institucional que se celebrou esta mesma tarde na Delegación Territorial da Xunta en Vigo participaron tamén o cónsul de Ecuador en Vigo, Alejandro Marqués de Magallanes, así coma o cónsul xeral de Ecuador en Vigo, Adriano Marqués de Magallanes, anfitrións dos representantes da Embaixada de Ecuador en España durante a súa visita á cidade olívica.
Bravo Bosch agradeceu a visita institucional e protocolaria e amosou a súa “satisfacción” porque os membros da Embaixada de Ecuador en España quixeran coñecer a cidade de Vigo así coma as súas administracións e institucións ademais dos seus principais sectores económicos e produtivos.