publicidade hoxe

Bravo Bosch gaba a labor da Asociación de Amas de Casa e Consumidores Agarimo de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Bravo Bosh na visita á sede

Bravo Bosh na visita á sede

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta tarde a sede da Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo, colectivo social que organiza múltiples actividades e obradoiros para os seus asociados pero tamén para os veciños e veciñas que estean interesados nos mesmos.

Acompañada polas responsables do colectivo, Ana Gil Lodeiro e Rosa María Insúa, presidenta e secretaria, respectivamente, a delegada coñeceu o traballo que realizan destacando así os grupos de coral, teatro ou bailes de salón cos que organizan moitas actuacións e saídas. De feito, o seu grupo de teatro actuou na cárcere de A Lama mentres que o grupo de coral ten actuacións no Círculo Mercantil ou no Auditorio Mar de Vigo.

Entre outras accións, programan viaxes e comidas de confraternización ademais de ofrecer unha grande cantidade de cursos coma poden ser de ximnasia de mantemento, informática ou risoterapia, entre outros.

A delegada gabou así o traballo social que realiza Agarimo, asociación que conta cunha gran variedade de socios e socias –incluso unha muller de 90 anos- sendo o único requisito que piden para formar parte do colectivo estar empadroado en Vigo e pagar unha cota de 3 euros ao mes.

11 de marzo de 2015 | 20:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.