Benestar retomará o proxecto do centro de maiores de Carballedo
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Lugo unha xuntanza de traballo co alcalde de Carballedo, Julio Manuel Yebra, co fin de avanzar en temas de interese social para a localidade. En concreto, a titular do departamento autonómico comprometeuse no encontro a retomar o proxecto do centro de maiores de Carballedo durante esta lexislatura.