Bendición das dúas novas imaxes adquiridas pola confraría carballiñesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Bendición das figuras

Bendición das figuras

O templo da Veracruz foi testemuña da bendición das dúas novas imaxes adquiridas pola confraría carballiñesa para procesionar esta Semana Santa. Trátase das imaxes do Señor da Sentenza e María Magdalena, que son obras do malagueño José Antonio Lucena Martín, e que corresponden ao estilo neobarroco sevillano.

Ambos os dous traballos executáronse en 2015, foron realizadas en madeira de cedro policromada. O Señor da Sentenza representa a iconograficamente a Xesucristo coas mans atadas, con rostro sereno, asumindo a súa sentenza de morte pronunciada por Poncio Pilatos. Ten unha altura de 1.80 centímetros e preséntase ao culto cuberto cunha túnica, unha coroa de espiño natural e unhas potencias en prata sobredourada obra do ourive sevillano José Manuel Bernet, quen tamén cicelou a auréola de María Magdalena. Sairá en procesión o Xoves Santo ás 23:30 horas, apadriñado pola Brigada de Infantaría Lixeira aerotransportable Galicia VII, Brilat.

A escultura de Magdalena é unha imaxe de candeeiro para vestir, de tamaño natural e excepcional beleza. Ten pestanas postizas e bágoas de cristal nas súas meixelas. Está concibida para completar o cortexo procesional na Procesión do Santo Enterro dos Caladiños o Venres Santo ás 21.00 horas.

Ademais da bendición destas dúas imaxes, a misa de 12:30 do templo da Veracruz tamén gozou da interpretación, por primeira vez, do “Himno da Confraría da Beira Cruz”, composto pola Confrada de Honra Almudena Mosquera.

As autoridades locais asistiron a esta bendición das imaxes, acompañados polo mando da Policía Local e de Protección Civil, así como centos de carballiñeses que acudiu a esta primeira cita da semana santa local.

15 de marzo de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.