publicidade hoxe

Beatriz Mato mantén un encontro de traballo coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión con Atiga

Beatriz Mato na reunión con Atiga

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza de traballo co equipo directivo da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga).

Durante o encontro, os centros tecnolóxicos galegos, a través de Atiga, presentaron á responsable autonómica un proxecto de formación, que se inscribiría na colaboración que esta entidade está a manter coa Xunta para o desenvolvemento da Axenda da Competitividade Industrial-Galicia Industria 4.0, que establece as pautas para modernizar a industria.

10 de marzo de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.