publicidade hoxe

Beatriz Barcia González gaña o séptimo sorteo da Campaña Estrela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, a gañadora do séptimo vale de 300 € foi Beatriz Barcia González que recollerá o seu premio o vindeiro luns día 6 de abril ás 13 horas, na sede social da asociación, das mans da Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Isabel Torres Pazos. A gañadora disporá dun mes para canxear o vale, en calquera dos establecementos participantes. A Campaña Estrela, lévase a cabo cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, dende o día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015. O seguinte sorteo efectuarase o 30 de abril. Por outra parte, comentarvos que a II Edición de “Destápate por Marín” se levará a cabo os venres, sábados e domingos do mes de xuño, coa participación de 18 establecementos de hostelería. En vindeiras datas, facilitaremos máis información sobre este evento e outras campañas de dinamización comercial que se concretarán na asemblea xeral desta noite.

31 de marzo de 2015 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.