publicidade hoxe

Balance dos controis realizados durante os festexos da Arribada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

Durante as pasadas festas da Arribada, realizáronse test selectivos de drogas e alcohol por parte dos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra que botaron os seguintes resultados:

Realizáronse máis de 1.400 probas de alcoholemia, das que 71 botaron resultado positivo, 2 delas como consecuencia de accidentes de circulación.

En canto aos controis de drogas, detectáronse 23 condutores que deron positivo. A substancia máis consumida foi o cannabis.

As probas de alcohol e drogas realizáronse tanto en horario nocturno, coma en horas diúrnas, co fin de que os controis fosen disuasorios de inxestión de bebidas alcohólicas ou drogas.

CONSELLO PARA OS CONDUTORES

Durante estes festexos, a Garda Civil de Tráfico intensificou os controis de alcohol e drogas nas estradas que rodean a localidade de Baiona, co obxectivo de disuadir a todos os condutores que tivesen inxerido estas substancias, para que non conduzan.

Co fin de garantir a seguridade vial e de velar pola integridade de peóns e condutores, prevese que sempre que haxa festividades ou reunións de ocio e diversión, se realicen controis similares, polo que se fai un chamamento á responsabilidade dos usuarios das vías públicas, sobre todo cando sexan condutores de vehículos a motor.

9 de marzo de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.