Avanzan a bo ritmo as obras de mellora interior do multiusos de Fexdega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación de Deportes pretende que as melloras programadas no interior do multiusos de Fexdega rematen coa maior brevidade a efectos de que as instalacións recuperen a normalidade os usuarios poidan utilizalas en perfectas condicións canto antes. Por esta razón, estanse a axilizar os tres proxectos que afectan á actividade deportiva dentro do pavillón. O arranxo da cuberta avanza a bo ritmo, xa comezou o saneamento das cabnchas de caucho e estase licitando a adquisición e montaxe de dúas novas pistas deportiva. Pese a todo, a Fundación prega desculpas aos usuarios polas molestias que estas actuacións lles poidan xerar e lembra que os traballos son para mellorar as instalacións e o servizo que se lles da aos usuarios.

A empresa NOSA leva semanas traballando no arranxo das filtracións de auga que se producían dende a cuberta do edificio. Xa se localizaron todos os puntos e estase procedendo ao sellado aproveitando o bo tempo.

Tamén esta semana Mondo Ibérica comezou os traballos de saneamento das dúas canchas de caucho. Os traballos consisten no levantamento das pranchas e á eliminación dos bordes que se reviricharon debido ao uso e ás labores de quita e pon. A continuación instalaras eunha nova base de subxección que tamén aportará maior amortiguación e, por último recolocaranse as pistas.

E mentres, estase a piques de rematar o proceso de licitación para a adquisición de dúas novas canchas deportivas para instalar no recinto multiusos de Fexdega: unha de madeira e outra sintética. A mesma empresa á que se lle contrate a compra do material será a encargada de instalar as canchas.

Fexdega acolle esta semana unha intensa actividade, posto que, ademais das mencionadas obras, a realización das actividades programadas pola propia Fundación, o pavillón acolle o Parque Infantil de Tráfico e estase montando a infraestrutura para a realización da Exposición Internacional da Camelia desta fin de semana.

Accesos e segunda fase no recinto exterior

As melloras das instalacións da Maroma para convertelas no maior centro de esparexemento de Vilagarcía continuarán unha vez rematadas as actuacións no interior, coa creación de¡unha zona de xogos infantís e dotación de canchas deportivas na zona verde exterior. De xeito complementario, tamén comezaron xa as obras do proxecto da Alternativa de ordenación do tráfico no contorno de Fexdega que leva a cabo Marconsa cun orzamento de case 90.000 euros. Con esta obra ordenaranse as prazas de aparcamentos dianteiro e posterior do pavillón feiral e utilizaranse as rúas existentes como vías de circulación para busca de aparcamento e tránsito alternativo. Para completar este circuíto construirase un novo tramo de vía pública para completar a trama viaria.

11 de marzo de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.