Avanza o proceso de venda de accións do CD Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo avanza no proceso de alleamento de accións do CD Lugo axustándose estritamente á legalidade e ás bases que rexen o procedemento, como fixo ata o de agora. A Mesa Técnica puido retomar este xoves a súa actividade e a Deputación notificou tamén hoxe as resolucións dos dous recursos de reposición presentados contra o procedemento.

Co obxectivo de manter a máxima transparencia e imparcialidade, o organismo provincial contratará un ditame externo sobre os proxectos deportivos das dúas ofertas presentadas, segundo acordou a Mesa Técnica na súa reunión de hoxe. Farao a través dun procedemento público, que sairá mañá mesmo publicado no Perfil do Contratante da Deputación, para que todos os interesados poidan concorrer. A contratación deste ditame externo prodúcese debido á negativa do CD Lugo a valorar os proxectos deportivos.

A Mesa Técnica acordou tamén solicitar un ditame xurídico á Asesoría da Deputación sobre o obxecto social de Frisaqués S.L.

Unha vez concluídos ambos ditames que se acordou solicitar, o deportivo e o xurídico, a Mesa Técnica reunirase de novo de inmediato para facer a proposta de adxudicación, que será aprobada pola Xunta de Goberno.

12 de marzo de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.