As primarias da Marea Atlántica ratifican como candidato á Alcaldía da Coruña a Xulio Ferreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

As primarias da Marea Atlántica, celebradas esta fin de semana, ratificaron o profesor de Dereito da Universidade da Coruña (UDC) Xulio Ferreiro como candidato á Alcaldía desta cidade, cun 84,5% dos votos, segundo informa a plataforma cidadá.

Mentres, a socióloga Rocío Fraga ocupará o segundo posto, seguida do arquitecto Xiao Varela. Os dous presentáronse a este proceso por Cidadáns en común, mentres que a avogada Silvia Cameán, máxima responsable de EU na Coruña, acompañaralles no cuarto posto, tras concorrer pola Plataforma 14 de Abril.

Máis de 700 persoas participaron neste proceso, cuxo resultados definitivos non se coñecerán ata o mércores. Á vista dos resultados da fin de semana, as cinco candidaturas que se presentaron para completar a lista que acompañaría a Xulio Ferreiro -agás as catro persoas que pecharán a candidatura e que serán elixidas por consenso- estarán representadas nos primeiros 14 postos.

Xunto a Rocío Fraga, Xiao Varela e Silvia Cameán, outros nomes que integran a candidatura son o programador do Centro Galego das Artes da Imaxe, José Manuel Sande, ou Alberto Lema Suárez, vinculado a Anova.

Nun comunicado, Xulio Ferreiro cualifica de “excelente” o grupo humano que formará a lista da Marea, “preparado para gobernar A Coruña dende o 25 de maio”.

Ademais, afirma que conforma unha candidatura “forte, plural e rexeneradora con persoas que suman moitos anos na política, ben nos movementos sociais, ben en distintas formacións”, apostila.

9 de marzo de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.