As obras de instalación de alcantarillado en tres parroquias acadan o 90% do saneamento municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
A alcaldesa de Mos na visita a unha das obras

A alcaldesa de Mos na visita a unha das obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Saneamento e Abastecemento, Camilo Augusto, informaron de que próximamente procederanse a executar varios tramos novos de saneamento nas parroquias de Dornelas, Tameiga, e Cela. Trátase de zonas destas tres parroquias mosenses de gran importancia pola súa densidade poboacional e nas que quedaba pendente de executar a instalación da rede de alcantarillado.

As obras, cun orzamento total de preto de 100.000 euros, acometeranse con financiación da Deputación de Pontevedra e darán servizo a un gran número de veciños e veciñas. Unha vez rematados estes traballos, Mos terá acadado o 90% de toda a rede de saneamento municipal instalada.

A zona que se dotará de saneamento na parroquia de Dornelas será o barrio de Asucada, en Tameiga a saída do Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Pena de Francia, e en Cela a zona de Herville de Cova da Santa.

Respecto destes traballos o edil responsable dos mesmos, Camilo Augusto, explicou que “pese a que actualmente as competencias municipais en materias de saneamento e abastecemento están cedidas ó Consorcio de Augas do Louro, dende o Concello de Mos continuamos a apostar pola ampliación sobre todo da rede de alcantarillado para dar servizo ós veciños e acadar, canto antes, o sanemento integral do municipio”.

Proxecto de Augas de Galicia

Unha vez acometidas as obras arriba descritas, será executado un novo proxecto que xa se atopa en Augas de Galicia para a súa aprobación e posta en marcha, e gracias ó cal se acadará o 95% da rede de saneamento municipal instalada; quedando tan só pendente un 5% correspondente a pequenos tramos nalgunhas parroquias.

Dito proxecto, que será acometido nos vindeiros meses, contempla a instalación de saneamento en varias zonas das parroquias de Tameiga, Pereiras e Cela. As zonas beneficiarias na parroquia de Tameiga serán Gándara e Pazo, en Pereiras Roublín e As Vides; e en Cela Atín e Pedra do Corvo.

Unha vez finalizado este proxecto de Augas de Galicia Mos poderá dicir que conta cun servizo de saneamento moi próximo a ser integral, a tan ansiada realidade dende a administración local e que foi a absoluta prioridade do goberno durante os últimos catro anos.

 

25 de marzo de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.