publicidade hoxe

As obras da senda peonil entre Souto e Moraña finalizarán en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMorañaPontevedra
A-
A+

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, salientou esta mañá que as obras das sendas peonís na estrada Cuntis-Porráns (PO-226) entre Souto e Moraña estarán rematadas no vindeiro mes de abril. Así o avanzou durante unha visita na que supervisou os traballos que se están a executar e que xa se atopan ao 50% e na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra,José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa de Moraña, María Luísa Piñeiro.

Destacou que se trata dunha actuación que ten 475 metros de lonxitude e está comprendida entre os puntos quilométricos 4+075, na saída núcleo de Souto e 4+550 da PO-226, no polígono da Frieira, xusto antes da entrada da travesía de Moraña. O investimento para a execución das mesmas elévase a 45.159 euros.

A senda peonil discorre pola marxe dereita da estrada e, tal e como puido comprobar o director, xa contan con beirarrúas nas dúas marxes da estrada. Engadiu que esta actuación permitirá que os veciños destes núcleos conten cun itinerario diferenciado para o uso en exclusiva dos peóns.

As obras consisten na execución dunha senda formigón de color ocre de entre 1,5 e 1,8 metros de ancho. Nos últimos 60 metros, treito no que a estrada discorre polo polígono industrial, habilitarase ademais unha banda de aparcadoiro. A actuación complementarase coa colocación dun caz para a canalización das augas pluviais entre a calzada e a senda peonil.

18 de marzo de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.