Ás Cancelas celebra o día grande da súa exposición conmemorativa do final da II Guerra Mundial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Centro Comercial As Cancelas acolle estes días unha exposición didáctica sobre o final da II Guerra Mundial como conmemoración do 70 aniversario do final da contenda. Para a ocasión, instaláronse no centro comercial escenarios que recrean momentos decisivos do conflito tales como o Desembarco de Normandía, a entrada dos aliados en Alemaña, a Guerra do Pacífico ou o asalto á mítica Gorida do Lobo.

A exposición, que foi visitada xa por un gran número de excursións escolares, ofrecerá durante a tarde do sábado a oportunidade de acceder a todos os escenarios, incluíndo a posibilidade de subirse a vehículos históricos como o Ford M8 Greyhound blindado ou o Cadillac Fleetwood 60 Special, e motos con sidecar como a Zundapp KS600 da África Korps ou a BMW R75 alemá. Ademais, só durante esa tarde un grupo de actores dará vida a algúns dos personaxes históricos máis relevantes dese período como o mariscal Rommel ou o xeneral Patton.

Como parte desta exposición conmemorativa, As Cancelas programou novas actividades para os próximos fins de semana, como o concerto de Los Rokin Corsarios, que compartirán o seu repertorio de cancións de época o sábado 14 en dous pases, un de 19:00h a 20:00 h e outro de 20:45 h a 21:45 h, e unha sesión fotográfica de rapazas Pin-Up, que terá lugar o sábado 21 en horario de 18:00 h. a 21:00 h.

6 de marzo de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.