Arrinca en Cambre un Obradoiro de Economía Familiar
Cambre inaugurou hoxe un Obradoiro de Economía Familiar que imparte a Cruz Vermella na súa sede da Barcala. A concelleira de Servizos Sociais, María Jesús González, asistiu ao comezo da charla e animou ao case vinte participantes a apuntarse aos diferentes talleres que vai organizar o seu departamento ao longo deste exercicio. O obxectivo do taller é adquirir coñecementos básicos para mellorar a súa situación económica persoal e dotar ás familias das habilidades e destrezas para facer fronte ás súas realidades económicas. Está destinado a familias perceptoras de axudas de emerxencia social, derivadas do equipo de profesionais de Servizos Sociais. Entre os contidos destaca a elaboración dun orzamento familiar, a capacidade de xerar aforro, xestión de débedas, prestamos e hipotecas e técnicas de aforro doméstico. Así mesmo, o persoal docente lembrará aos participantes as bonificacións en canto a impostos ás que teñen dereito tanto na administraticón muniicpal como no resto de entes públicos.











