publicidade hoxe

Apertura do prazo para optar á concesión da cafetería da casa do pobo de Lorbé

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros informa de que o prazo para optar á concesión da cafetería da casa do pobo de Lorbé estará aberto ata o próximo 24 de marzo. As condicións para a explotación deste local son o pagamento mensual dun canon de 450 euros con IVE incluído e asumir a responsabilidade de limpeza do local e dos baños utilizados polos seus clientes. A concesión terá unha duración de tres anos prorrogable durante uns máis. O local, situado na planta baixa da casa do pobo, ten 30 metros cadrados de extensión e conta con mesas, barra e unha pequena cociña. As persoas interesadas poden obter máis información na Área Económica do Concello.

10 de marzo de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.