publicidade hoxe

Apertura do prazo para o VIII Concurso de poesías “Mulleres do noso tempo” en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

ÁBRESE o prazo do VIII Concurso de poesías: “MULLERES DO NOSO TEMPO 2015” que organiza o Concello en colaboración co CIM.

O prazo de presentación de poesías finaliza o día 14 de abril ás 13:30h.

O obxecto do concurso é incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e  propiciar que o alumnado dos centros escolares reflexionen sobre a Igualdade.

 Poderán concursar todo o alumnado  dos centros escolares, segundo as seguintes categorías:

- Categoría A: nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 9 anos (ambos inclusive).

-  Categoría B: nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 12 anos (ambos inclusive).

- Categoría C: nenas e nenos de idades comprendidas entre 13 e 15 anos (ambos inclusive).

- Categoría D: nenas e nenos de idades comprendidas entre 16 e 17 anos ( ambos inclusive).

Establécense os seguintes premios:

- Categoría A: 60 €

- Categoría B: 70€.

- Categoría C: 80€

- Categoría D: 90€

Os premios serán vales para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal.

Para máis información consultar as bases expostas nos taboleiros do Concello, CIM, no BOP e na páxina web do Concello ou chamando por teléfono ao CIM: 607026795

18 de marzo de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.