publicidade hoxe

Apertura do prazo de solicitude de novo ingreso na Escola Infantil Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concelleira de Igualdade, Ana Casal, informa que o día un de abril ábrese o prazo de solicitude de novo ingreso na Escola Infantil Municipal de Monforte de Lemos.

Os impresos para solicitar praza para novos ingresos están a disposición das persoas interesadas no Concello, nas oficinas do CIM e na web municipal.

As persoas interesadas deberán entregar os citados impresos, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do Rexistro Municipal, situadas na Casa do Concello, dende o día 1 e ata o día 30 de abril.

31 de marzo de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.