Antía Cal será distinguida co III Premio de Igualdade “Ernestina Otero”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Antía Cal

Antía Cal

O Consello Municipal da Muller acordou distinguir a dona Antía Cal Vázquez co III Premio de Igualdade “Ernestina Otero”. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dun acto que terá lugar o venres 6 de marzo no salón de actos do museo MARCO ás 20:00h. Entrada libre ata completar aforo.

Ao remate do acto servirase un pequeno refrixerio no restaurante do museo. Prezo:15€ Reservas para acceder ao refrixerio ata o 3 de marzo chamando a calquera dos teléfonos que se indican 654401709; 679151339 e 607328503

Antía Cal (A Habana, 1923) naceu nunha familia de emigrantes orixinaria de Muras (Lugo). Aos nove anos voltou a Galicia, estudou bacharelato, fíxose mestra e licenciouse en Xeografía e Historia no ano 1945. Casada con Antón Beiras García, galeguista de esquerdas e oftalmólogo, co apoio do seu home e da súa familia fundou en 1961 o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. O “Rosalía” foi, en Galicia, un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas, baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat.

Baixo o lema: “Mulleres en loita, xuntas contra a desigualdade”, a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller, organizan una serie de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

Outros actos programados son:

– Venres, 6 de marzo ás 10h. Pleno específico do Consello Municipal da Muller. Salón de Plenos do Concello de Vigo
Entrada libre ata completar aforo

– Sábado, 7 de marzo. Festa pola Igualdade na Praza da Constitución. De 17,30 a 20h actividades lúdicas para nenas e nenos.
Ás 22h lectura do manifesto do Consello Municipal da Muller e concerto a cargo de UXÍA co seu espectáculo “Meu canto”.

2 de marzo de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.