Ángel Vargas bate o récord galego xuvenil de 400 metros en pista cuberta

Ángel Vargas
O atleta da Sociedade Ximnástica, Ángel Vargas, estableceu unha nova mellor marca galega xuvenil de pista cuberta, nos 400 metros lisos, nas semifinais do Campionato de España da categoría que se está a celebrar en San Sebastián.
O pupilo de Julio Ventín asinou en meta 50 segundos e 98 centésimas, aínda que lamentablemente esta marca non lle valeu para meterse na final, ao quedarse co oitavo mellor tempo dos participantes, cando soamente hai 6 prazas para a final.
Aínda así hai que estar moi contento da actuación do mozo pontevedrés, que estivo moi preto de conseguilo, mellorando a súa marca persoal no momento máis importante da tempada invernal.











