Amplíase o prazo para inscribirse nos novos obradoiros de cerámica e gravado
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, amplía o prazo de presentación de solicitudes ante a demanda cidadá para participar nos novos obradoiros de Cerámica e Gravado que se desenvolverán a partir do 7 de abril e se prolongarán ao longo de tres meses. Así, a partir de hoxe xoves e até o vindeiro martes 31 de marzo, os interesados poderán entregar as solicitudes no Rexistro Xeral.
En canto ao taller de Cerámica, se desenvolverá os luns, martes e xoves, en horario de 16:30 a 18:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas; e os sábados de 9:30 a 11:30 horas e de 11:30 a 13:30 horas. Nesta actividade estableceranse catro grupos, formados por un máximo de 20 persoas, e terá lugar na Aula de Cerámica ubicada no antigo Cuartel Sánchez Aguilera. O horario poderá elixirse entre os luns e xoves ou os martes e sábados para o correcto secado das pezas cerámicas; e será dun máximo de catro horas semanais. O prezo de matriculación é de 20 euros e está dirixido a persoas maiores de idade.
E, por último, o obradoiro de Gravado terá lugar no Centro Cultural Torrente Ballester e se desenvolverá os martes en horario de 17:00 a 20:00 horas. O prezo de matriculación é de 20 euros e está dirixido a persoas maiores de idade. O alumnado coñecerá, entre outras, as técnicas decorativas con engobes e esmaltes; o proceso de secado, de cocción; ou os sistemas de reproducción de orixinais.
Lista de admitidos e pago da matrícula
Unha vez que se publique a listaxe de admitidos, no taboleiro de anuncios da páxina web municipal, as persoas seleccionadas nos diferentes talleres deberán realizar o pago da matriculación no prazo de 5 días hábiles.
As persoas que se inscribiron nos obradoiros de Cerámica ou de Gravado durante o primeiro prazo de presentación de solicitudes xa poden formalizar dende hoxe e até o vindeiro 31 de marzo a súa matrícula co pagamento da mesma. O listado de admitidos está publicado na web do Concello.