Alex Flórez logra un posto de finalista no nacional de marcha en ruta
O atleta da Sociedade Ximnástica, Alex Flórez sacouse a espiniña do ano pasado cando non completou os 35 km. do Campionato de España de Marcha en ruta e esta vez si pasou a liña de meta con 2 h 53.41.
Ademais aínda que rematou en novena posición, debido a que o segundo clasificado é un atleta estranxeiro que non entraba na clasificación do Campionato de España, Alex conseguiu un posto de finalistas ao ser oitavo na clasificación do nacional.
Bo resultado para o veterano atleta da Ximnástica, que comeza a tempada de forma positiva.
Os cadetes da Ximnástica conseguen dúas medallas no autonómico de pista cuberta
O Pazo de Deportes de Riazor, en Coruña, acolleu o Campionato de Galicia de pista cuberta, para a categoría Cadete; os atletas da Sociedade Ximnástica sumaron soamente dúas medallas de bronce, a cargo de Lucía Ferrer nos 50 metros lisos, cun rexistro persoal de 7.17 e Lucía Cardesín nos 600 metros con 1.47.1.
Ademais da medalla, Lucía Ferrer sumou un cuarto posto nos 50 metros valos, ao igual que Marco Martínez no salto de altura e Pablo Tojal no salto con pértega.
A pesar das poucas medallas, é significativo o número de atletas da Ximnástica que acudiron ao Campionato, con 11 representantes, case o dobre que o ano pasado cando só estiveron 6.











