Alcomte Galicia e Arines SL lucirán na camiseta do primeiro equipo do Santiago Futsal
Os principais patrocinadores do Santiago Futsal esta tempada lucirán por fin na camiseta do primeiro equipo. No partido de mañá, semifinal da Copa Xunta ante Prone Lugo FS, os dous principais patrocinadores do club: Arines Transportes e Escavacións SL e Alcomte Galicia SL, comezarán a ter unha importante presenza publicitaria no equipamento oficial que se alargará ata final de tempada.
O club quere dar relevancia así a dúas das empresas que fixeron posible que o club consiga unha estabilidade económica vital nun ano crave para asegurar o futuro da entidade. É por iso que o Santiago Futsal quere mostrar de forma pública o seu agradecemento a Alcomte Galicia SL e a Transportes e Escavacións Arines SL, do mesmo xeito que a outras empresas como Pub Sónar, Balidea, Aucasa e institucións, todas elas con presenza no equipamento oficial do primeiro equipo do club.











