Airexa álzase co título de liga en junior feminino
Tras un partido moi sufrido contra un moi bo rival como é o Seis de Nadal, un dos equipos vigueses con maior soleira e tradición baloncestística, o equipo junior de Airexa logrou onte domingo culminar unha fazaña histórica para o club ao tratarse do primeiro campionato de liga nesa categoría que logra a entidade nos 10 anos que leva instalada no municipio de Nigrán.
Aínda que os comezos alá polo mes de Agosto non foron fáciles ao tratarse dun persoal escaso de efectivos que tivo que reforzarse partido a partido co bloque de cadetes da casa. Finalmente as expectativas cumpríronse e das 9 cadetes coas que conta o club, 8 delas foron subindo rotativamente pero de forma habitual. Así gran parte do mérito debémosllo aos 2 adestradores Roberto e Marta Canella que souberon encaixar á perfección 2 grupos dispares pola diferenza de idade ata conducilos ao éxito definitivo.
A maiores do traballo grupal mencionado anteriormente, Roberto froito da súa experiencia soubo inculcar no conxunto os recursos técnicos e tácticos para reinvestir unha situación inicial desfavorable. A súa chegada aos mandos do equipo sucedeu en outubro coa competición xa iniciada e a marcadora de vitorias estaba sen estrear ata entón. Tras cada partido podíase presenciar a melloría do equipo tanto en xogo como en resultados ata o punto de chegar á última xornada con opcións de levar o título, algo impensable nun primeiro momento tras o arranque inicial e a mocidade do persoal. Un grupo de xogadora<sent\>s caracterizado pola súa raza, a súa forza e pola súa loita que as levou ata esta vitoria final.
Este título de liga consolida o gran ano de traballo que leva a entidade e demóstranos que a directiva, coordinación deportiva do club e equipo técnico están no camiño correcto coa liña de traballo implantada desde o pasado verán. Coidando ao máximo a canteira, traballando por e para elas.