Agustín Fernández afirma que o único obstáculo na compra do Goretti foi un problema de herdanzas
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, contestou hoxe á nova denuncia de Gonzalo Jácome contra o Goberno municipal afirmando que a compra do antigo Colexio Goretti só tivo un simple problema de herzandas, como tantos inmobles da zona vella, sen que por iso caiba supor indicio de delito algún. Acusou a Jácome de buscar simplemente a propaganda xudicial “nun claro desexo de instrumentar á Xustiza”
O alcalde lembrou que xa o goberno de Manuel Cabezas intentara adquirir o inmoble, cando xa era “un dificio degradado, en ruinas e un foco de infección na zona vella”, e que finalmente o goberno do PSOE e BNG logrou adquirilo en 2010, “correctamente, en escritura publica, con todolos informes favorables, e tamén co visto bon da Intervención municipal”.
“Só un problema de herdanzas, moi habitual nos inmobles da zona vella pola fragmentación da propiedade, foi a causa da anulación da dita compra, o que en todo caso”, engadiu o alcalde, “é unha cuestión civil e administrativa, unha compra que se fixo legalmente e de boa fe”.
Esta denuncia, dixo Fernández, só cabe nuha mente disparatada como a de Gonzalo Jácome, “que xa non convence nin os seus, os que están con el no Concello, como ven de suceder con dona Susana Gómez”, y en “o desexo de instrumentar a Xustiza por parte do seu grupo político”











