Aerobithon na piscina climatizada de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVerín
A-
A+

Mañá 07 de marzo, o Pavillón Municipal de Deportes, acollerá o primeiro Aerobithon ‘Piscina Climatizada de Verín’, un evento deportivo que permitirá amosar aos/ás participantes no mesmo as diferentes disciplinas aeróbicas dirixidas que se ofertan na Piscina Climatizada de Verín.

Este iniciativa deportiva, de carácter gratuíto, terá lugar de 17 a 20 horas e está destinada a todos os públicos, desde nenos/as como persoas de máis idade. A mesma será impartida por monitores/as especializados/as nestas disciplinas, que amosarán en quendas de vinte minutos as actividades aeróbicas que se están realizar na Piscina Climatizada de Verín ao longo destes meses. Todos/os interesados/as poderán participar activamente en cada unha das sesións que se realizarán, a través das indicacións destes/as monitores/as, converténdose nunha clase guiada na que nenos/as e maiores poderán coñecer de primeira man actividades como zumba, aero-box, tonificación, pilates, aero-dance ou spinning, entre outras.

O primeiro Aerobithon ‘Piscina Climatizada de Verín’ constitúe unha nova iniciativa promovida desde o Concello de Verín co obxecto de continuar coas actuacións que no ámbito deportivo se están a desenvolver no municipio, todas elas destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

Para participar na mesma non é necesaria a inscrición previa, só débese acudir a instalación deportiva municipal o propio 07 de marzo. Todos/as os/as participantes nesta iniciativa deportiva recibirán non só asesoramento e información sobre as disciplinas máis acordes as súas necesidades, senón tamén un pequeno agasallo.

6 de marzo de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.