publicidade hoxe

Adxudícanse 49.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Lugo, Vilalba, O Corgo e Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLugoLugoO CorgoVilalba
A-
A+

O Consello de Administración da empresa pública Xestur adxudicou, no marco do concurso de venda de solo con prezo bonificado, un total de 32.177 metros cadrados no parque empresarial de As Gándaras, no concello de Lugo. A superficie outorgada repártese en 14 parcelas, que van dos 675 aos 7.630 m2 de superficie individual.

Unha vez rematado o concurso, as parcelas restantes poden ser adxudicadas directamente, inda que nas mesmas condicións e prezo establecidos polo prego de bases polo que se rexeu o concurso de venda.

No parque empresarial das Gándaras quedan dispoñibles 68 parcelas, cunha superficie total de 238.417 metros cadrados. O prezo de venda, unha vez aplicada a bonificación do 50 %, oscila entre 47,50 e 60 euros por m2.

As bonificacións sobre o prezo de venda serán de aplicación ás adxudicacións realizadas antes do 30 de novembro de 2015 e para un máximo de 500.000 metros cadrados de solo vendido no conxunto dos parques empresariais propiedade de Xestur.

Vilalba

No parque empresarial de Vilalba adxudicáronse 11 parcelas, cunha superficie total de 12.689,77 metros cadrados.

Finalmente, no Corgo adxudicouse unha parcela de 3.426,84 metros cadrados e outra en Guitiriz, de 596 m2. No primeiro destes parques, quedan dúas parcelas dispoñibles (2.951,16 metros cadrados), mentres que en Gutiriz hai unha dispoñible (4.834 metros cadrados).

O prezo total das vendas en Lugo, Vilalba, O Corgo e Guitiriz acada os 2.172.803,66 euros, o que supón unha bonificación de máis de 2,1 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, xa que a bonificación aplicada nestes parques empresariais é do 50 por cento.

No conxunto de Galicia, vendéronse neste concurso preto de 200.000 metros cadrados de solo empresarial.

Novos incentivos

No conxunto de Galicia vendéronse neste concurso preto de 200.000 metros cadrados de solo empresarial, con bonificacións no prezo de ata o 50%.

Os adxudicatarios comprométense a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona. Así, cos resultados da primeira fase de venda prevese un investimento de 105 millóns de euros e a creación de 3.500 empregos directos e indirectos.

En total presentáronse ao concurso 68 ofertas por un total de 90 parcelas emprazadas en 20 parques empresariais das catro provincias galegas.

Nunha segunda fase, o IGVS sacará a concurso bonificado o solo da súa propiedade en abril, sendo preto de 470.000 metros cadrados, con bonificacións de ata o 50 por cento.

3 de marzo de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.